Nos medios

Articulo de Patricia Hermida no Correo Galego
Atrapados na burbulla hipotecaria

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Ferrol loita para evitar os desafiuzamentos na cidade - Nun ano atenderon 60 casos - Historias de familias numerosas e mulleres embarazadas que perden as súas casas - E mentres tanto, crecen as vivendas baleiras

Contra o ceo ferruxento de Ferrol, recórtanse os tellados da cidade. Torres grandes vidos a menos, pisazos de recente construción, bufardas acarunchadas, campanarios que repican un constante SOS. Moitas destas vivendas encóntranse baleiras, algúns pisos mesmo non chegan a estrearse. Crece o número de inmobles desocupados... pero tamén aumentan os desafiuzamentos. Nos últimos meses, a recén creada Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Ferrol atendeu a 60 familias ao bordo do desaloxo. Todos os días chegan novos casos: familias monoparentais, familias numerosas, mulleres embarazadas, xubilados... "Os bancos non entenden de idades nin de situación económica", laméntanse os seus integrantes. Historias como as de Claudia, Miguel, Carmen ou Margarida demostran que o desafiuzamento pode chamar ás nosas portas no momento menos pensado. Eles (e moitos outros) viven atrapados na burbulla hipotecaria.

Todo empezou con Claudia García. Ao non poder pagar puntualmente a hipoteca da súa vivenda, intentou chegar a un acordo co banco. Pedíronme que entregase as chaves e a cambio dábanme un préstamo persoal por 30 anos, chegaron a subhastar a miña vivenda por un prezo moi inferior ao comprado... pero ao final cheguei a paralizar o desafiuzamento", explica dende o reformado parque municipal Reina Sofía. Dende alí vemos varias torres grandes de pisos baleiros, algúns moi antigos, outros de recente construción. Xunto a outras persoas nesta situación, Claudia formou a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).



Diario de Ferrol, 22 Febreiro 2014
La Plataforma de Afectados por la Hipoteca pide que se sancione a los bancos con viviendas desocupadas


El Correo Gallego 21 Febreiro 2014
Afectados por la hipoteca de Ferrol alertan de desahucios a diario


Ferrol 360 21 Febreiro 2014
Plataforma de Afectados por la Hipoteca y oposición de Ferrol piden sanciones para edificios desocupados


Diario de Ferrol, 21 Novembro 2013
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/pah-presenta-ferrol-apoyo-desahuciados/20131119221544065817.html

A Plataforma de Persoas Afectadas pola Hipoteca de Ferrolterra (PAH Ferrolterra) deuse a coñecer onte publicamente cunha acción de respaldo a unha familia que se enfronta a unha execución hipotecaria. Fixérono cunha acción diante da oficina do banco que tramita o expediente (unha oficina de Novagalicia na rúa Real -antes era de Caixanova-). Despois acudiron con esta familia de Narón (un matrimonio cunha filla e cunha empresa autónoma) ao xulgado, onde se celebraba a vista. Dende a PAH considérase que a hipoteca contén cláusula abusivas, con intereses de demora moi elevados, polo que confían en que se declaren nulos estes artigos, atendendo ás indicacións europeas. Esixen a dación en pagamento e denuncian a falta de diálogo por parte da entidade para resolver a situación.

A PAH realizou ademais unha tarefa de divulgación das súas actividades que cualifican de moi satisfactoria, dada a sensibilidade e boa resposta dos veciños, aos que se entregou un tríptico informativo sobre os servizos que ofrece ás persoas que se encontran en risco de perder a súa vivenda. É unha situación específica, previa ao momento no que se efectúa o desafiuzamento, polo que as súas funcións non interfiren con outros movementos sociais que impediron varios lanzamentos



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Participante nas Marchas da Dignidade

Participante nas Marchas da Dignidade