viernes, 5 de diciembre de 2014

Reunión o próximo Lúns día 8 no local social de esteiro

O próximo luns día 8 de decembro no local social de Esteiro celebraremos ás 18:00 unha reunión extraordinaria aproveitado a oportunidade de ter connosco a Manel, activista da plataforma de Baix Penedes, poderanos aclarar dúbidas e preguntas a todos os asistentes, a reunión e de acceso libre ao que estades todos invitadados sen excepción.





miércoles, 5 de noviembre de 2014

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA DA PAH DE FERROL E BISBARRA.

O próximo venres día 7 ás 18:00 horas na Asociación de Veciños de Esteiro celebrarase a asemblea xeral e aberta de afectados pola hipoteca, convocada pola PAH de Ferrol e bisbarra.

Pontos do día:

1. Imos informar aos presentes acerca da reunión celebrada o día 25 de outubro en Ferrol. Esa reunión foi instada por un grupo de afectados e colaboradores para dar a coñecer as irregularidades que a PAH de Ferrolterra estaba a levar a cabo en prexuízo dos afectados. A esta reunión asistiron a PAH de Asturias e a PAH de Vigo.

2. Comunicar o resultado da reunión e situación actual.

3. Asesoramento colectivo.

4. Rogos e preguntas.





sábado, 10 de mayo de 2014

Cheo absoluto nos relatorios sobre as cláusulas abusivas nas hipotecas

De esq. a dta: Xabier Soto, Maite Ortíz e José M. Erausquin
Cheo absoluto nos relatorios que se celebraron hoxe no local da AA.VV de Esteiro, estas correron a cargo de tres xuristas expertos na materia, Maite Ortíz Pérez, Xabier Soto Agote e José Mari Erausquin Vázquez, avogados de Biscaia, que pertencen ao colectivo de avogados coordinados en toda España que asesoran ás distintas Plataformas de Afectados.

Abordáronse distintos temas; cláusulas e contratos abusivos, dereitos dos consumidores, situación xurídica actual, e tipos de respostas xudiciais despois da sentenza de Tribunal Supremo do 9 de maio de 2013, así como se deu resposta persoal a todas as dúbidas e cuestións formuladas polos afectados.




"Charla informativa sobre as cláusulas abusivas nas hipotecas"

A PAH (Plataforma de persoas Afectadas pola Hipoteca de Ferrolterra) organiza unha "Charla sobre cláusulas abusivas nas hipotecas", esta terá lugar hoxe, Sábado 10 de maio, a 17:30 horas no local da Asociación de Veciños de Esteiro. Os relatorios correrán a cargo de xuristas expertos na materia, como é o caso de Maite Ortiz Pérez, Xabier Soto Agote, e José Mari Erausquin Vázquez, que abordarán de fronte, temas como as cláusulas abusivas máis habituais nas hipotecas e o seu control, os índices de referencia hipotecarios ou as execucións hipotecarias. 

Unha grande oportunidade para coñecer da man de expertos unha problemática moi específica pero que pode afectarnos a todos.

@s interesad@s en asistir a esta xornada poderán facelo libremente.


martes, 29 de abril de 2014

Xornada Solidaria de Actividades

A Plataforma de Afectados /as pola Hipoteca de Ferrol programa unha xornada solidaria para o vindeiro 2 de maio xunto con Espacio Vivo, Centro Multidisciplinar de Actividades ,Formación y Salud. A PAH quere promover esta acción colectiva para axudar aos seus soci@s a adentrarse no mundo das actividades orientadas a paliar os efectos derivados dos problemas que afectan á saúde e á estabilidade emocional da xente desafiuzada. 

A PAH de Ferrolterra está convencida que, ao igual que a loita social hai que encarala con alegría, tamén hai que combatir tendo o estado de ánimo a punto. Unha das cuestións máis importantes a día de hoxe é a estabilidade mental da xente agredida polo capital e a banca, desempregada, desafiuzada, precaria permanente, emigrante etc.

Con Espacio Vivo celebraremos unha xornada solidaria onde haberá desde as 16:00 as 23:30 actividades terapéuticas de todo tipo,actividades infantís,talleres para adultos, espectáculos de humor e baile etc. Preparámonos para seguir combatindo.

Na rúa da Terra 14 ,esquina rúa do Sol, reinventaremos a vida durante toda a tarde/ noite do día dous de maio. Vémonos!

Grazas e un saúdo.

Comité da PAH-Ferrol



domingo, 30 de marzo de 2014

A PAH de Ferrolterra, participou na manifestación en defensa do sector naval.

Hoxe os nosos berros foron pedindo dignidade e traballo para os estaleiros Ferrolanos.

Queremos transmitir a nosa solidariedade con todas as persoas que están a sufrir a eiva do desemprego na bisbarra, e instamos a loitar contra as políticas impostas pola TROIKA, a Banca, e as grandes multinacionais, e seguidas rigorosamente polos esbirros do PP, que están a desmantelar os servizos públicos, e deixándonos a tod@s nunha situación de verdadeira emerxencia social.

Recordamos, que as persoas que estamos afectadas con ser desafiuzadas, (a maioría) tiñamos un posto de traballo "estable".




lunes, 24 de marzo de 2014

A PAH de Ferrolterra, como promotor e convocante que somos, participamos nas Marchas da Dignidade do 22-M celebradas en Madrid, baixo o lema "PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODOS E TODAS"


Foto cedida

Participante nas Marchas da Dignidade

Participante nas Marchas da Dignidade