viernes, 21 de febrero de 2014

Presentado no rexistro do Concello de Ferrol, a Moción para que se sancione as financeiras e grandes empresas que teñen inmobles desocupados.

Hoxe pola mañá, presentamos no rexistro do Concello de Ferrol, unha Moción para que se sancione as financeiras e grandes empresas que teñen inmobles desocupados. Esta Moción foi asumida polo BNG, EU e PSOE.

MOCIÓN PARA A SANCIÓN DOS INMOBLES PERMANENTEMENTE DESOCUPADOS PROPIEDADE DE ENTIDADES FINANCEIRAS E OUTRAS GRANDES EMPRESAS

INTRODUCIÓN
A actual crise impactou de forma dramática na vida de miles de persoas, que por mor das dificultades económicas sobrevindas non poden cubrir as súas necesidades máis básicas. Esta situación levou a miles de familias á imposibilidade de facer fronte ás cotas hipotecarias ou de aluguer da súa casa.

A súa tradución social foi a de miles de desafiuzamentos en todo o Estado Español e centenares de miles de persoas que viron vulnerado o seu dereito a unha vivenda digna, enfrontándose a situacións de grave vulnerabilidade, precariedade extrema, probreza, e exclusión social, económica e residencial.

Segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, desde 2007 até setembro de 2013, no Estado Español, xa se chegou a 500.000 execucións hipotecarias. Segundo o informe presentado polo Colexio de Rexistradores da Propiedade, só durante o ano 2012, a banca quedouse con máis de 30.034 primeiras residencias por falta de pagamento de créditos hipotecarios. Isto supón 115 desafiuzamentos de vivenda habitual por día hábil.

Atopámonos ante unha situación de emerxencia habitacional que constitúe unha auténtica anomalía no contexto europeo. Como denuncia o informe Emerxencia Habitacional no estado español, elaborado polo Observatori DESC, esta situación vese agrabada polo feito de que o Estado Español é o país de Europa com máis vivendas baleiras, 13,7% do parque total ? 3 millóns e medio de pisos segundo o último censo estatal de vivenda do 2011 ? e cun parque de vivenda social claramente insuficiente ? menos dun 2% das vivendas existentes.


As administracións locais, infra dotadas de recursos, son as que reciben en primeira instancia o impacto social desta situación, en tanto que a máis próxima á cidadanía.

O contexto descrito e a situación de emerxencia en que se atopa gran parte da poboación está a traducirse, tamén, nun significativo aumento das ocupacións de vivendas nos municipios. Unha forma de acceso á vivenda que aumenta o grao de vulnerabilidade social de quen ven abocados a recorrer.

A falta de recursos das administracións locais para facer fronte á problemática, contrasta cos miles de pisos en desuso que acomulan as entidades financeiras e as súas inmobiliarias, actores principais e parte responsable na burbulla inmobiliaria. Estes inmobles, a miúdo obtidos como consecuencia de execucións hipotecarias, mantéñense baleiros, xa sexa á espera de que o prezo do mercado volva subir, ou ben porque se atopan á venda ou aluguer a prezos inaccesibles para a maioría da poboación. O resultado son miles de vivendas destinadas exclusivamente a unha función expeculativa, eludindo a función social que segundo o artigo 33 da constitución Española (CE) ten que cumprir o dereito á propiedade.

Ante a enorme cantidade de poboación con necesidades habitacionales e a falta de recursos públicos para facerlle fronte, resulta urxente mobilizar a vivenda baleira en mans das entidades financeiras. Fomentar e garantir a función social da vivenda, desincentivar a utilización anómala e penalizar, se é necesario, o uso antisocial convértese nun dos poucos mecanismos efectivos ao alcance da administración para dar resposta á vulneración do dereito.

Por todo isto o concello pleno adopta as seguintes

RESOLUCIONS:

Primeiro.- Manifestar o compromiso de pór en marcha medidas municipais en base á legalidade e competencias existentes e aos efectos que sinala esta moción, co obxectivo de garantir o dereito á vivenda da poboación e facer fronte á emerxencia habitacional.

Segundo.- Elaborar e aprobar un Plan Municipal de Vivenda actualizado , que contemple e regule debidamente as medidas de fomento para evitar a desocupación permanente e inxustificada de vivendas.

Terceiro.- Elaborar e aprobar Programas de inspección co fin de detectar, comprobar e rexistrar os inmobles que se atopan en situación de pemanente desocupación, empezando polos que son de entidades financeiras e outras grandes empresas. Esta tarefa pódese facer a tarvés do cruzamento de datos en disposición da administración e a otorgación de audiencia ao interesado/a, ou bién realizando unha inspección física desde a administración.

Cuarto.- Intruir procedementos administrativos contraditorios onde se determine, coñézanse ou comproben os feitos, unha vez detectada a desocupación. Estes procedementos terán que finalizar cunha resolución que declare se se está producindo unha situación de desocupación permanente constitutiva dunha utilización anómala da vivenda. En caso afirmativo, terase que requirir ao propietario/a o cesamento na súa actuación nun prazo concreto, informando as actividades de fomento que está a levar a cabo a administración para facilitarlle a finalización desta situación.

Quinto.- Impor até 3 multas coercitivas que poden llagar aos 100.000 euros, previa advertencia, de se transcorrido o prazo fixado non se produciu a ocupación do inmoble.

Sexto.- Iniciar un procedemento sancionador por infracción moi grave en caso que se manteña a desocuapción da vivenda unha vez esgotado o prazo otrogado para corrixir a situación.

Sétimo.- Instar á Xunta de Galicia a enviar urxentemente ao Parlamento as iniciativas lexislativas necesaria para darlle cobertura legal a este procedemento e a emprender accións neste ámbito coa mesma finalidade, dentro do marco das súas competencias.

Oitavo.- Dar conta da presente moción ás asociacións veciñais de Galicia, á FGAMP, á Xunta e ao Parlamento de Galicia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Participante nas Marchas da Dignidade

Participante nas Marchas da Dignidade